Benvida ao noso Blog

Benvidos a este novo blog a todos os amantes da lectura. Esperamos pasar uns bos momentos comentando as obras que vaiamos lendo ao longo do noso percorrido pola literatura.

miércoles, 24 de marzo de 2010

A PRAIA DOS AFOGADOS

Debido ao éxito que tivo a lectura de "Ollos de auga", decidimos continuar co mesmo autor e coa súa obra "A praia dos Afogados". Podedes ver unhas fermosas imaxes:

OLLOS DE AUGA


Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato dun músico na illa de Toralla.

O libro foi traducido ao castelán polo propio autor[1] baixo o título Ojos de agua e ao inglés por Martin Schifino co nome Water-Blue Eyes[2]. Así mesmo, estábase a preparar unha adaptación cinematográfica, con dirección de Jorge Coira e guión de Carlos Portela[3].